Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A información catastral na casa do concello facilitarase os luns e xoves

23/10/2018

A información catastral de bens, tanto de natureza rústica como urbana, localizados no termo municipal de Tui será facilitada nas oficinas do Concello de Tui aos titulares dos mesmos os luns e xoves de 10 a 13h.

Dende o Concello informase que existen diferentes Puntos de Información Catastral (PIC), que son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral do Catastro en diferentes organización públicas e institucións, fundamentalmente en Concellos, onde os cidadáns poden acceder á información catastral.

Os Puntos de Información Catastral prestan os seguintes servizos:

A calquera cidadán:

  • Consulta e certificación de datos catastrais non protexidos

Aos titulares catastrais ou ós seus representantes debidamente autorizados:

  • Certificación da circunstancia de non figurar como titular catastral.
  • Consulta e certificación de datos catastrais protexidos (nome, apelidos, razón social, NIF, enderezo e valor catastral) e non protexidos relativos ós inmobles da súa titularidade.

Os Puntos de Información Catastral máis cercanos son, entre outros,:

  • ORAL de Tui
  • Concello de Tomiño
  • Concello de Salceda de Caselas
  • Concello de Salvaterra
  • Concello de Mos
  • Concello do Rosal
  • Concello de Gondomar.
  • Concello de Baiona
  • Concello da Guarda