Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe presentación do Campionato de Galicia Máster de Ciclismo que se disputará este domingo 30 de xullo en Tui

26/07/2017

Hoxe mércores, 26 de xullo, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego Máster de Ciclismo, organizado pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Ciclista de la Fuente, coa colaboración do Concello de Tui. Disputarase este domingo 30 de xullo, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso, o presidente e o secretario do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher e Xavier Martínez, respectivamente,  así coma o responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande.