Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Formación dixital gratuíta para persoas autónomas, emprendedoras e pemes grazas á colaboración entre o concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios

12/01/2021

A inscrición está aberta até o 25 de xaneiro en www.iniciatic.org

Até o luns 25 de xaneiro está aberto prazo de inscrición no programa IniciaTIC de apoio e impulso á dixitalización para mellorar a competitividade de persoas autónomas, emprendedoras, pemes e axentes promotores da economía social. Está impulsado pola Fundación Cibervoluntarios e conta neste caso co apoio do Concello de Tui.

IniciaTIC ofrece formación específica  e gratuíta en transformación dixital e emprendemento. O obxectivo é paliar a brecha tecnolóxica, e facilitar a adaptación da actividade económica de persoas autónomas, emprendedoras e PEMES a través de procesos de dixitalización básica a escenarios cambiantes provocados pola COVID19.

Levarase a cabo ciberformacións en liña gratuítas para grupos reducidos en Marketing Dixital, Ciberseguridade, administración electrónica, e-commerce, comunicación e xestión e big data.

As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente en www.iniciatic.org.