Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición do Censo Electoral até o luns 1

27/05/2020

Dende o día 25 de maio ata o 1 de xuño, ambos os dous incluídos, os electores poderán consultar os seus datos de inscrición no censo electoral que estará vixente nas eleccións ao Parlamento de Galicia que se van celebrar o 12 de xullo.. A consulta realizarase por medios informáticos, previa identificación do interesado. O teléfono de consulta é o 986 60 36 25 en horario de 9:00h a 14:00 h.

Así mesmo infórmase que durante o citado periodo publicarase na Sede Electrónica do Concello de Tui relación de Mesas e Locais electorais enviada polo Censo Electoral. Así se recolle nun bando da alcaldía. 

Consultar bando.