Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Executadas obras de mellora da accesibilidade en doce pasos de peóns nas rúas novas

28/05/2020

Nas últimas semanas acometéronse obras de mellora da accesibilidade en distintas rúas do centro urbano tudense.  En concreto actuouse sobre 12 pasos de peóns situados na rúas Casal Aboy, Lugo, Compostela, Ourense e Maristas

Nas beirarrúas para indicar a proximidade dun paso de peón colocouse un pavimento especial con losetas de cor vermello e con releve, tanto direccional coma con botóns, para facilitar a mobilidade das persoas con discapacidade visual.  Amais rematáronse en rampla para facilitar así o tránsito con cadeira de rodas, carriños de bebés, carros da compra ou outros.

Amais executáronse obras de mellora nas beirarrúas, coa substitución ou renovación do pavimentos, en Casal Aboy e Prolongación de Casal Aboy.  

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que con estas obras de accesibilidade, executadas con fondos propios, dáse resposta a unha demanda histórica da poboación para facer as beirarrúas accesibles para as persoas con mobilidade reducida.