Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui-Valença presenta un calendario deportivo único con 17 modalidades deportivas

1/02/2019

Celebraranse un total de vintecinco actividades até o mes de decembro

Un total de 25 actividades de 17 modalidades deportivas na que participan 21 clubs e dúas empresas conforman o calendario de actividades deportivas de 2019 que esta fin de semana comeza na Eurocidade Tui-Valença e que se vai prolongar até o mes de decembro.

A presentación celebrouse esta mañá na casa do concello coa presenza do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e os responsables de Deportes das dúas cidades Eduardo Freiría e José Monte. Asistiron tamén representantes de varios clubs deportivos.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, destacou este calendario como “amplo, único e extraordinario” ao tempo que salientou que “o deporte está sendo a área onde a colaboración na Eurocidade é máis profunda e continuada e debe ser unha referencia para outros ámbitos”. O presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, afirmou que “no ámbito europeo non hai outra Eurocidade con actividades compartidas coma a de Tui-Valença”. O concelleiro de Deportes de Tui, Eduardo Freiría, expuxo que o deporte “é o baluarte máis forte da fortaleza que é a Eurocidade”, engadindo que este calendario “segue sendo unha vía de desenvolvemento para o futuro, non só no mundo deportivo, senón tamén cultural e noutros ambitos”. Mentres José Monte, vereador de Deportes de Valença, cualificou a oferta deportiva da Eurocidade de “dinámica, única e transfronteiriza”. Ao tempo fixo balanzo da actividade desenvolvida en 2018 con 23 actividades deportivas nas que participaron 6.400 deportistas e que contou con millares de espectadores.

As modalidades deportivas que forman parte do calendario deportivo son automobilismo, fútbol, motociclismo, bicicleta de montaña, andainas, baloncesto, padel, atletismo, judo, kung fu, natación, hockei, tenis, remo, orientación, trail e baile deportivo

A primeira cita terá lugar mañá mesmo,2 de febreiro, co TT Eurocidade de Jeeps no que van participar 167 vehículos e 340 persoas. Continuará co TT de  Motos o 23 deste mes. Amais o fútbol será protagonista coa IV Taça San Teotonio e a IV Copa San Telmo na que se van enfrontar o Tyde FC e o Valenciano co gallo das festas patronais de Valença e Tui.

As Andainas da Eurocidade ofrecerán neste 2019 un total de sete percorridos que se van celebrar con carácter mensual de marzo a outubro. Tamén está  prevista a realización do Camiño Portugués en catro etapas no mes de setembro. Volverán celebrarse os torneos ou campionatos de baloncesto, padel, kung-fu, fútbol 7, judo, hockei, tenis, iolas, baile deportivo e natación. O atletismo estará presente coa Eurocidade 10, carreira de dez quilómetros que une Tui e Valença, e co percorrido nocturno a Urban Trail Night Eurocidade. A Eurocidade BTT o 17 de marzo, o IV Festival Aéreo en xullo, o IV Rallie Eurocidade en agosto, a Xuntanza Moteira en setembro, xunto a II Carreira de Orientación Eurocidade completan o programa previsto.

Calendario de Actividades Deportivas Eurocidade  2019

1.         TT Eurocidade Jeeps– 02/02/2019

2.         IV Taça San Teotonio – 16/02/2019

3.         TT Eurocidade Motas – 23/02/2019

4.         VIII Eurocidade Btt – 17/03/2019

5.         VIII Circuito De Andainas Saudables Eurocidade

A.        Trilho Sabores Da Lampreia – 16/03/19

B.        Andaina San Telmo – 28/04/19

C.        Trilho Sabores Serranos – 12/05/19

D.        Andaina Monte Tetón – 22/06/19

E.         Andaina Do Monte Faro Ao Aloia – 20/07/19

F.         Andaina Histórica De Tui – 03/08/19

G.        Trilho De Talhao – 20/10/19

6.         V Torneo De Baloncesto Eurocidade – 6, 7 Y 8/04/19

7.         III Torneo De Padel Eurocidade - Anual

8.         IV Copa San Telmo – 27 O 28/04/19

9.         III Epic Race Pontevedra – 31/05, 01 Y 02/06/19

10.       VIII Eurocidade 10 – Xuño/19

11.       VI Campionato Kung Fu Eurocidade – 23/06/19

12.       VIII Torneo De Fútbol 7 Eurocidade – 29 Y 30/06/19

13.       V Torneo De Judo Eurocidade – 06/07/19

14.       IV Festival Aereo Eurocidade - Xullo

15.       IX Travesía A Nado Eurocidade – 03/08/19

16.       IV Rallie Eurocidade – 30 Y 31/08/19

17.       VI Trofeo De Hockei Eurocidade - Setembro

18.       VI Torneo De Tenis Eurocidade – Do 12 Ao 29/09

19.       III Xuntanza Motera Eurocidade - Setembro

20.       II Campionato De Iolas Eurocidade – 21/09/19

21.       Camiño Portugues A Santiago – 21, 22, 28 E 29/09

22.       II Carreira De Orientación Eurocidade – 13/10/19

23.       IV Urban Trail Night Eurocidade – 26/10/2019 – 20.30 H

24.       VI Torneo De Baile Deportivo Eurocidade - Novembro

25.       IX Trofeo De Natación Eurocidade – Decembro