Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este xoves preséntase o libro “Memorias dun pobo, Santiago de Malvas e as súas xentes (1159-2020)” de Rai

29/09/2020

O acto forma parte do programa conmemorativo dos 50 anos da Biblioteca Municipal de Tui

Este xoves, 1 de outubro, ás 20 h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a presentación do libro, recentemente editado, de Raimundo Martínez dedicado a súa parroquia de Santiago Malvas.  O acto forma parte do programa conmemorativo dos 50 anos da Biblioteca Municipal de Tui.

Co título “Memorias dun pobo, Santiago de Malvas e as súas xentes (1159-2020)” Raimundo Martínez "Rai" realiza unha achega persoal á evolución e á historia da súa parroquia, abranguendo dende os tempos medievais –coas primeiras noticias deste territorio- ata a época contemporánea, sen esquecer aspectos de interese relacionados coa cultura popular que as xentes de Malvas souberon conservar.

Raimundo Martínez “Rai” é coñecido pola súa dedicación ao mundo da escultura, con numerosas obras en espazos públicos. No libro que se presentará este xoves podemos atopar unha escolma da súa traxectoria como escultor.  Trátase dunha obra que permite achegarnos á vida centenaria desta parroquia tudense a través das vivencias e achegas de Raimundo Martínez “Rai”.

O acto de presentación deste xoves contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.