Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este mércores presentase o III Rallie Eurocidade

8/10/2018

Este mércores 10 de outubro, ás 12.00 horas españolas, no edificio da Cámara Municipal de Valença, terá lugar a presentación do III Rallie Eurocidade, do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença e da Federación Portuguesa de Automobilismo, organizada pola escudaría Parallel Velocity Club, en colaboración coa Escudaría Doña Urraca, que se celebrará os días 12 e 13 de outubro.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro, o presidente da Cámara Municipal de Paredes de Coura, Vítor Paulo Pereira, o vereador de desporto da Cámara Municipal de Valença, José Monte, os concelleiros da Eurocidade e de deportes de Tui, Andrés Urseira e Eduardo Freiría, así como o presidente da escudaría Parallel Velocity Club, Jorge Galhardo, e o presidente da Escudaría Doña Urraca, Marcos González.