Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Escola Infantil da Galiña Azul conta cun novo parque exterior e de xogos para os cativos

28/06/2019

O alcalde de Tui solicitará á Xunta unha segunda Escola Infantil

Na mañá de hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitou a Escola Infantil da Galiña Azul de Tui para coñecer de primeira man o resultado da obra realizada no parque exterior do centro. 

A actuación, rematada hai uns días, consistiu na adecuación do parque exterior a través da plantación de céspede e elementos verdes como setos e arbustos, a creación dun areeiro zona acolchada, e xogos para os cativos. 
Apuntou o alcalde de Tui que o resultado da actuación, a falta de perfilar algún detalle, é positivo e que “responde a filosofía de goberno de que as instalacións públicas estean nas mellores condición para o desfrute, neste caso, dos usuarios da Escola Infantil.” 

O orzamento para a actuación foi de  20.930€ con cargo ao Plan Concellos 2017.

Por outra banda anunciou que vai solicitar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia unha segunda Escola Infantil, indicando que o concello está disposto a proporcionar os terreos. Apuntou que este segundo centro “é necesario dado que a lista de espera é moi ampla e está a ser moi demandada polos veciños e veciñas de Tui".