Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dous positivos en drogas e dous vehículos sen ITV en vigor detectados pola Policía Local esta fin de semana

8/02/2021

A Policía Local de Tui levou a cabo na fin de semana controis en distintos puntos do termo municipal para comprobar o cumprimento do peche perimetral.  

Un dos puntos onde se realizou o control foi o Paseo da Corredoira onde o sábado entre ás 18.15 h e ás 20.30 h realizou o control de máis de 60 vehículos. Neste punto os axentes da Policía Local detectaron dous vehículo sen a preceptiva ITV en vigor. Tamén detectaron a dous condutores, que tras a realización da proba de drogas deron positivo en THC e cocaína, e foron propostos para sanción administrativa por conducir baixo os efectos de sustancias estupefacientes.