Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dende hoxe sábado 2 de maio permítense os paseos e facer deporte

2/05/2020

Dende hoxe sábado, 2 de maio, está permitida a actividade física non profesional e os paseos a persoas maiores de 14 anos, seguindo sempre as medidas de seguridade establecidas. Está actividade está permitida nas seguintes franxas horarias e tengo en conta as seguintes condicións:

Deporte

  • 1 vez ao día
  • Dentro do municipio
  • De xeito individual

Paseos:

  • Pódense realizar con 1 persoa coa que se conviva
  • Non máis aló de 1 quilómetro do domicilio

Franxas horarias:

  • De 6 a 10 h e de 20 a 23 h Persoas maiores de 14 anos
  • De 10 a 12 h e de 19 a 20 h Persoas maiores de 70 anos ou persoas dependentes con coidador/a
  • De 12 a 19 h Nenos e nenas menores de 14 acompañados por unha persoa adulta. 

En Tui a Entidade Local Menor de Pazos ao ser unha entidade territorial con menos de 5 mil habitantes a actividade deportiva e os paseos poderán realizarse dende ás 6 h e ás 23 h, segundo o recollido no Artigo 5.2 da Orde SND/380/2020 publicada onte BOE.

Ver Orde SND/380/2020 publicada o venres, 1 de maio de 2020, no BOE nº 121