Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Curso de Cociña para mulleres inmigrantes

1/11/2006

Curso de Cociña para mulleres inmigrantes
A Oficina de apoio ó inmigrante e emigrante retornado de Concello de Tui informa da posta en marcha dun Curso de Cociña para mulleres inmigrantes extracomunitarias do Concello.
O curso terá unha duración de 22 horas e impartirase dende o 16 de novembro, en horario de 18:00 a 20:00, os xoves e venres, en Tui.
O número de prazas é de 12, e trátase dun curso gratuíto.
O prazo de inscrición remata o día 15, podéndose realizar nesta oficina no Concello, en horario de dez da mañá a dúas da tarde.