Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ciclo de concertos de órgano barroco na Catedral de Tui os sábados 23 e 30 de setembro e 7 de outubro

19/09/2006

Ciclo de concertos de órgano barroco na Catedral de Tui os sábados 23 e 30 de setembro e 7 de outubro

Os vindeiros sábados, 23 e 30 de setembro, e 7 de outubro, ás nove da noite, a catedral de Tui acollerá distintos concertos protagonizados nos que a música xurdirá do órgano barroco, construído en 1714 e restaurado em 1995.
O concerto conta coa colaboración da asociación Amigos da Catedral de Tui, o Cabido da Catedral e a editora de música Arte Tripharia, que leva dez anos publicando o Corpus Musicum Gallaeciae, e para este acto ofreceu as obras dos tres compositores galegos que serán estreadas neste ciclo. Un equipo da Radio Galega vai gravar os concertos para difundir posteriormente.
O 23 de setembro inaugurará o ciclo de concertos Soledad Mendíbel, que interpretará distintas composición, entre elas as obras do coruñés Yerko P. Ivánovic-Barbeito Prelúdio, fuga e poslúdio, composta no ano 2003, e Amañecer en Qana, composición deste mesmo ano 2006, inspirada no bombardeo da cidade libanesa de Qana, onde morreran 37 nenos, a metade deles descapacitados.
O 30 de setembro será Antonio Duarte, que estreará a obra de María-Paz-Pita (Ferrol, 1976) Mosaico (2006).
Pecharase este ciclo, o 7 de outubro co organista Raúl Prieto Ramírez que interpretará, entre outras obras, Quod nihil scitur , unha homenaxe a Francisco Sanchez 'O Excéptico'e in memoriam Xosé M. Álvarez Blázquez um tudense, composta por o tudense Rudesindo Soutelo
(Texto tomado de www.galiciasuroeste.info)
Este ciclo musical está organizado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.