Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bandos

E.g., 29/03/2024
E.g., 29/03/2024

Bando Limpeza de fincas previo aprobación Plan de Prevencións e e Defensa contra os Incendios Forestais no Concello de Tui

1/09/2020

D. ENRIQUE CABALEIRO GONZÁLEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE TUI,
FAI SABER:

Que ante a próxima aprobación do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais no Concello de Tui, quixera facer chegar ós propietarios de fincas, leiras ou montes afectados pola franxa de protección de 50 metros, a recomendación de que procedan a súa limpeza ou corta de árbores, en concreto piñeiro galego ( Pinus pinaster), piñeiro silvestre (Pinus sylvestris), piñeiro de Monterrey (Pinus radiata), piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii), mimosa (Acacia dealbata), acacia negra (Acacia melanoxylum), eucalipto (Eucalyptus spp), brecina (Calluna vulgaris), carqueixa (Chamaespartium tridentatum), xesta(Cytisus spp), breixo (Erica spp), queiruga (Genista spp), fento (Pteridium aquilinum), silva (Rubus spp) e toxo (Ulex europaeus),

Por medio da presente solicítase a colaboración de tódolos propietarios destas fincas, co fin de garantir a seguridade e previr incendios forestais no noso termino municipal, indicando a maiores, que unha vez aprobado o citado Plan, enviaranse as notificacións das ordes de limpeza ou cota de árbores en dita franxa contando con só 15 días para levar a cabo as labores de limpeza ou cota.

Se algún propietario quere saber si a súa finca, leira ou monte se atopa nesa franxa pode dirixirse o correo medioambiente@tui.gal aportando a súa referencia catastral e se lle responderá na maior brevidade posible.

Bando Fogueiras de San Xoan 2020

18/06/2020

Bando Fogueiras de San Xoan 2020

ENRIQUE CABALEIRO GONZÁLEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE TUI,
FAI SABER QUE:

Tendo en conta a normativa autonómica publicada no DOGA 115 de 13 de xuño de 2020 que literalmente d,i no seu punto Cuarto:
Restablecemento de determinadas actividades suspendidas.

… Sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a Administración autonómica poderá permitir o restablecemento, a partir do 1 de xullo, das actividades que se indican a continuación, nas condicións que previamente ela estableza: 

c) As festas, verbenas e outos eventos populares, así como as atraccións e feiras.

QUEDAN PROHIBIDAS ATA O DÍA 1 DE XULLO AS CACHARELAS/SARDIÑADAS

Que considerando que a celebración do tradicional acto das cacharelas/sardiñadas de San Xoán e de San Pedro, englóbanse dentro deste apartado c), a concesión de autorización expresas para este tipo de eventos deberán se concedidas pola Xunta de Galicia por ser autoridade competente, a tenor da Resolución publicada no DOGA de 13 de xuño, debido ás causas de excepcionalidade derivadas da crise sanitaria do COVID-19.

Faise constar tamén que só se poderán celebrar cacharelas/sardiñadas en terreos de propiedade privada promovidas exclusivamente por particulares, previa solicitude ante o Concello, adoptándose para elo tódalas medidas de prevención e seguridade impostas pola lei, así como as medidas de prevención, contención e coordinación do COVID-19.
 

Bando Terrazas COVID 19

25/05/2020

Bando Terrazas ao aire libre dos establecementos de hostelería e restauración.

O goberno da Nación, ao amparo do disposto no artigo 4, apartados b) e d), da Lei Orgánica 4/1981, de 1 de xuño, dos Estados de Alarma, Excepción e Sitio, declarou, mediante o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, o estado de alarma en todo o territorio nacional co fin de afrontar a crise sanitaria provocada polo COVID-19.

O artigo 4.2.d) do citado Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, determina que, para o exercicio das funcións previstas no mesmo e baixo a superior dirección do Presidente do Goberno, o Ministro de Sanidade terá a condición de autoridade competente delegada, tanto na súa propia área de responsabilidade como nas demais áreas que non recaian no ámbito específico de competencias dos demais Ministros designados como autoridade competente delegada aos efectos deste real decreto. 

O Ministerio de Sanidade ditou o pasado día 9 de maio de 2020, a Orde SND/399/2020, de 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición de cara a una nova normalidade. 
Faise saber que a citada Orde, nos seus artigos 15 e 16 establece o seguinte: 
-  “Artículo 15. Reapertura de las terrazas al aire libre de los establecimientos de hostelería y restauración.

  1. Podrá procederse a la reapertura al público de las terrazas al aire libre de los establecimientos de hostelería y restauración limitándose al cincuenta por ciento de las mesas permitidas en el año inmediatamente anterior en base a la correspondiente licencia municipal. En todo caso, deberá asegurarse que se mantiene la debida distancia física de al menos dos metros entre las mesas o, en su caso, agrupaciones de mesas. A los efectos de la presente orden se considerarán terrazas al aire libre todo espacio no cubierto o todo espacio que estando cubierto esté rodeado lateralmente por un máximo de dos paredes, muros o paramentos.
  2. En el caso de que el establecimiento de hostelería y restauración obtuviera el permiso del Ayuntamiento para incrementar la superficie destinada a la terraza al aire libre, se podrán incrementar el número de mesas previsto en el apartado anterior, respetando, en todo caso, la proporción del cincuenta por ciento entre mesas y superficie disponible y llevando a cabo un incremento proporcional del espacio peatonal en el mismo tramo de la vía pública en el que se ubique la terraza.
  3. La ocupación máxima será de diez personas por mesa o agrupación de mesas. La mesa o agrupación de mesas que se utilicen para este fin, deberán ser acordes al número de personas, permitiendo que se respeten la distancia mínima de seguridad interpersonal.

Artículo 16. Medidas de higiene y/o prevención en la prestación del servicio en terrazas. En la prestación del servicio en las terrazas de los establecimientos de hostelería y restauración deberán llevarse a cabo las siguientes medidas de higiene y/o prevención:

a) Limpieza y desinfección del equipamiento de la terraza, en particular mesas, sillas, así como cualquier otra superficie de contacto, entre un cliente y otro.

b) Se priorizará la utilización de mantelerías de un solo uso. En el caso de que esto no fuera posible, debe evitarse el uso de la misma mantelería o salvamanteles con distintos clientes, optando por materiales y soluciones que faciliten su cambio entre servicios y su lavado mecánico en ciclos de lavado entre 60 y 90 grados centígrados.

c) Se deberá poner a disposición del público dispensadores de geles hidroalcohólicos o desinfectantes con actividad virucida autorizados y registrados por el Ministerio de Sanidad, en todo caso en la entrada del establecimiento o local, que deberán estar siempre en condiciones de uso.

d) Se evitará el uso de cartas de uso común, optando por el uso de dispositivos electrónicos propios, pizarras, carteles u otros medios similares.

e) Los elementos auxiliares del servicio, como la vajilla, cristalería, cubertería o mantelería, entre otros, se almacenarán en recintos cerrados y, si esto no fuera posible, lejos de zonas de paso de clientes y trabajadores.

f) Se eliminarán productos de autoservicio como servilleteros, palilleros, vinagreras, aceiteras, y otros utensilios similares, priorizando monodosis desechables o su servicio en otros formatos bajo petición del cliente.

g) El uso de los aseos por los clientes se ajustará a lo previsto en el artículo 6.5.”

Así mesmo, lémbrase a todos/as os titulares de establecementos de hostelaría e restauración que:

  • Deberá respectarse a distancia de seguridade interpersoal de acordo co establecido na citada Orde SND/399/2020, de 9 de maio.
  • A ocupación de dominio público con mesas e cadeiras está suxeita a licenza municipal.
  • Para elo deberá solicitar ante este concello a devandita licenza municipal para a instalación de terraza na vía pública segundo recolle o artigo 42 ter da lei 9/2013 de emprendemento e competitividade de Galicia modificada pola lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
  • En caso de incumprimento do sinalado e de non regularizarse dita situación, procederá iniciar expediente sancionador segundo o recollido nos artigos 51 e seguintes da lei 9/2013 de emprendemento e competitividade de Galicia. 

Todo o cal se fai público para xeral coñecemento e debido cumprimento. 
O Sr. Alcalde, Enrique Cabaleiro González, en Tui. 

Bando Censo Electoral 12 de xullo de 2020

22/05/2020

Comunícase que dende o día 25 de maio ata o 1 de xuño, ambos os dous incluídos, os electores poderán consultar os seus datos de inscrición no censo electoral. A consulta realizarase por medios informáticos, previa identificación do interesado. Teléfono de consulta  986 60 36 25 en horario de 9:00h a 14:00 h.

Bando exposición do Censo Electoral para as elección ao Parlamento de Galicia do 5/04/2020

13/02/2020

Bando exposición do Censo Electoral para as elección ao Parlamento de Galicia do 5/04/2020

Bando cambios de sentido da circulación en San Bartolomeu

17/01/2020

Bando da alcaldía do cambios de sentido da circulación na zona San Bartolomeu que se aplicará a partir do 1 de febreiro de 2020.

Bandos Reunións Equipo de Goberno nas parroquias - Novembro 2019

31/10/2019
O equipo de goberno mantén reunións coa veciñanza tudense no mes novembro de 2019
O calendario previsto é o seguinte:
  • Luns, 4 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Areas
  • Martes, 5 de novembro, ás 20 h no Local do Sindicato de Malvas
  • Xoves, 7 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Baldráns
  • Venres, 8 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns
  • Luns, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Guillarei
  • Xoves, 14 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe
  • Venres, 15 de novembro, ás 20 h no edificio da Macoca en Pazos de Reis
  • Luns, 18 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Caldelas
  • Martes, 19 de novembro, ás 20,00 horas na Casa Cultural de Paramos
  • Mércores, día 20 de novembro, ás 20,00 horas na Casa Cultural de Ribadelouro
  • Luns, día 25 de novembro, ás 20,00 horas na Casa Cultural de Pexegueiro
 
 
 

Bando Exposición Censo Electoral 10N

30/09/2019

Exposición do 30 de setembro ao 7 de outubro de 2019 do censo electoral de cara ás eleccións xerais do 10 de novembro.

BANDO FOGUEIRAS DE SAN XOAN

22/05/2019

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando - asinado o 21 de maio de 2019, sobre normas para a celebración das  fogueiras de San Xoán.
 
 Un saúdo.

Exposición censo electoral 28A

11/03/2019

Do 11 ata o 18 de marzo, ámbalas dúas datas inclusive, estará en exposición pública as listas electorais para as eleccións xerais do 28 de abriil, en horario de luns a venres, de 9,00 a 14,00 horas na Oficina de Empadroamento da Casa Consistorial.

Bando detectores de fume

10/09/2018

Bando disponibilidade de detectores de fume para persoas maiores de 65 anos

Bando afectados explosión de material pirotécnico en Paramos

24/07/2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando o 24 de maio de 2018, no que se informa que:

Tras a explosión pirotécnica en Paramos/Guillarei do día 23 de maio de 2018, estableceuse un sistema de inscrición das persoas afectadas.

Que para poder constar de forma efectiva como persoa afectada é imprescindible que se realice a inscrición nesta base de datos.

Terán que facela todas as persoas afectadas independentemente da importancia do dano sufrido, ou de que dispoñan ou non de seguro que cubra os danos.

As solicitudes presentaranse no Centro de Atención aos afectados /as da explosión pirotécnica de Paramos/Guillarei, sito no Centro Municipal de Formación, localizado en Alvelos nº 1 ou solicitando información no teléfono 986 60 39 49.

Pages