Faise pública a listaxe de admitidos na escola deportiva de patinaxe e as quendas nas que participarán no ano 2016
A Concellería de Deportes do Concello de Tui realizará durante o mes de xullo e o mes de agosto os Campamentos de Verán Tui 2017. Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio do campamento). O desenrolo dos Campamentos de Verán levaranse a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello. Amais, co desenrolo destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral.
A primeira quenda desenrolarase dende o día 10 ata o 24 de xullo. A segunda quenda desenrolarase dende o día 26 de xullo ata o 9 de agosto.
Ata o xoves 22 de xuño teñen os admitidos nalgunha das dúas quendas do Campamento Urbano de Verán para efectuar o pagamento dos 30,56€ correspondentes a cada quenda. Os participantes na primeira quenda deben estar o 10 de xullo ás 9h no pavillón municipal, e os da segunda quenda o 26 de xullo á 9h no mesmo pavillón. Este non haberá nin aula matinal nin de sobremesa. A recepción dos participantes farase cada día a partir das 8.45h.
ANUNCIO
Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 22 de xuño 2017 o expediente de contratación da explotación de cafetería do Centro Interfederado de Tui, por procedemento aberto, cun único criterio de adxudicación e tramitación urxente, exponse ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de proposicións.
1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.
2.- Obxecto do contrato:
Explotación Ccafetería do Centro Interfederado de Tui. CPV: 55000000-0
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: Urxente.
b) Procedemento: Aberto.
c) Criterio de Adxudicación: prezo á alza sobre o importe sinalado como canon anual de explotación a satisfacer á administración.
4.- Cánon de explotación:
4.744,80 euros/ano (IVE incluído) ( mínimo, sen prexuízo ofertas á alza).
5.- Duración do contrato:
2 anos (prórroga anual ata un máximo de 4 anos, incluídas as prórrogas que se subscriban).
6.-Garantías : Definitiva:
5% do importe de adxudicación, excluído IVE.
7.- Obtención de documentación e información:
Durante o prazo de presentación os pregos poderán ser examinados e retirar copia dos mesmos no departamento de Secretaría-Servizo de Contratación, en horario de 9,00 a 14,00 h. Tfono: 986603625.- Fax:986604148. Data límite día anterior ó do remate de presentación de ofertas. Poderán consultar as bases de licitación, pregos administrativos e demais documentación no Perfil do Contratante da páxina web (www.concellotui.org).
8.- Solvencia económica e financeira:
Exento, conforme artigo 11.5 R.D. 1098/2001.
9.- Solvencia técnica e profesional:
Acreditación conforme á cláusula 10ª do PCAP.
10.- Presentación de ofertas:
a).- Data límite: 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP de Pontevedra e no perfil do contratante (www.concellotui.org), en dous sobres pechados e conforme establece o prego de cláusulas administrativas.
b).- Documentación a presentar: A que figura no PCAP.
c).- Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Tui, en horario de apertura ao público, ou ben en calquera das formas permitidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do PAC.
Tui, O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.
Documento asinado dixitalmente.
Ata o venres, 29 de setembro, está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de piragüismo, patinaxe, balonmán e fútbol que haberá esta temporada en Tui dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas. Os interesados teñen que entregar cumprimentada a folla de inscrición na secretaría do Concello de Tui, a través dos clubs deportivos Club Balonmán Tui, CD Ribadelouro, Club Kaiak Tudense e Club Piragüismo Penedo, a través do enderezo electrónico deportes@depo.es ou en calquera dos rexistros da Deputación ou nos das oficinas do ORAL.
Toda a información e o impreso de inscrición pode atoparse na web da Deputación
Dentro das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra Tui contará un ano máis cunha escola de patinaxe. Realizarase os luns no pavillón do CEIP de Rebordáns de 16.30 horas a 20.30 horas, en catro grupos divididos polo nivel dos participantes. Esta actividades será impartida este ano por monitores da Federación Galega de Patinaxe. Recóllese o listado de participantes admitidos nesta escola.
Resolución adxudicación contrato de data 06/07/2017 que se incorpora no apartado de documentos deste contrato.
RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de outubro de 2017, polo que se declara festas de interese turístico de Galicia o Descenso Internacional do Miño.
«Declarar festas de interese turístico de Galicia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, as seguintes:
– Descenso Internacional do Miño (Pontevedra).
Solicitude de inscrición do do campamento de verán do Concello de Tui a celebrar na segunda quincena de xullo e na primeira quincena de agosto de 2018
Condicións xerais do campamento de verán do Concello de Tui a celebrar na segunda quincena de xullo e na primeira quincena de agosto de 2018
Listaxe de admitidos no campamento de verán 2018
Bases reguladoras e impreso para a concesión de becas a deportistas tudenses 2018
Resolución DECRETO 2018-1396 20181205 Resolución Listado Provisional Becas Deportistas Tudenses 2018
Programación Festas de San Telmo 2019