Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

O Concello de Tui retoma o vindeiro martes 22 de novembro o Foro do Camiño Portugués

Undefined

O Concello de Tui retoma o vindeiro martes, 22 de outubro, ás 19,30 horas no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) a celebración do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza na nosa cidade do director da Área de Cultura Xacobea da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Francisco Singul Lorenzo, que pronunciará unha conferencia titulada: “Puerto y Puerta del Camino Portugués: Tui en la construcción cultural de la peregrinación a Santiago”.

Accións formativas para promotores turísticos ao abeiro do proxecto Río Miño: Un destino navegable

Undefined

Dentro do proxecto "Río Miño: Un Destino Navegable", a entidade de Turismo de Porto e Norte de Portugal porá en marcha dúas accións formativas para promotores turísticos. Os días 17, 18 e 25 de novembro celebrarase na Eurocidade Valença-Tui, e o 12, 14 e 16 de decembro na Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño.

Máis de 2.900 peregrinos elixiron Tui para comezar o Camiño de Santiago en outubro

Undefined

Outubro pechouse con grandes cifras de peregrinos que escolleron Tui como punto de partida para realizar o Camiño de Santiago no seu itinerario portugués. 2.906 foron os peregrinos e peregrinas que se achegaron ata a cidade para comezar este percorrido santo, confirmando a Tui como a cuarta cidade de inicio de peregrinación tras Sarria (14.497), Saint Jean Pied de Port (5.682) e Porto (4.612).

Este domingo celébrase en Tui a VII edición do concurso “Pinta Tui”

Undefined

Este domingo, dende as 10.00 h, as rúas de Tui encheranse de cores coa celebración do VII Concurso de pintura ao aire libre “Pinta Tui”. A intención é promover e achegar o arte e a cultura aos visitantes e incentivar a dinamización turística e as actividades do Concello. Está organizado por ACITUI e Efectos, co patrocinio do Concello de Tui e distintas casas comerciais.

A Oficina de Turismo de Tui atendeu preto de 2.700 visitantes no mes de outubro

Undefined

O pasado mes de outubro Tui continuou sendo un importante punto de referencia turística na comarca e na provincia de Pontevedra. Durante este mes, un importante fluxo de turistas e peregrinos dinamizaron a actividade turística da cidade que se viu reflectida no número de visitantes da Oficina Municipal de Turismo. En total foron 2.659 os visitantes atendidos ao longo de outubro.

5.255 persoas iniciaron en setembro Camiño de Santiago en Tui

Undefined

Os datos publicados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago correspondentes ao pasado mes de setembro continúan situando á cidade de Tui nos primeiros lugares escollidos polos peregrinos xacobeos para iniciar o seu Camiño cara a tumba do apóstolo Santiago na cidade de Santiago en calquera das rutas xacobeas. En concreto, un total de 5.255 peregrinos escolleron Tui para iniciar a súa peregrinación, un 35% dos 14.805 peregrinos que realizaron o Camiño Portugués o pasado mes de setembro.

A Oficina de Turismo de Tui atendeu este verán máis de 23 mil visitantes

Undefined

A Oficina Municipal de Turismo de Tui atendeu o pasado mes de setembro un total de 4.897 visitantes, deles 3.200 eran turistas e 1697 peregrinos. Desta forma complétanse os datos de tempada de verán na que esta céntrica oficina de turismo tudense recibiu un total de 23.137 visitantes, deles 5.704 peregrinos e 17.433 turistas.

As persoas participantes no Congreso Internacional de formación para o traballo Norte de Portugal Galicia visitarán este xoves o conxunto histórico de Tui

Undefined

Este xoves pola tarde as persoas participantes no 22º Congreso Internacional de Formación para o traballo Norte de Portugal – Galicia realizarán unha visita cultural á cidade de Tui na que percorreran a Catedral de Tui, xunto a un paseo polo conxunto histórico tudense. O Congreso celébrase este xoves 22 e venres na Escola Superior de Ciencias Empresariais -IPVC de Valença.

Tui celebra cun amplo programa a Xornada Europea da Cultura Xudía

Undefined

A cidade de Tui súmase, un ano mais, á celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía cun amplo programa de actividades que abrangue dende o xoves 1 de setembro ata o domingo 11 de setembro. Unha renovada oferta de actividades para difundir e valorizar o amplo patrimonio cultural tudense ligado á presenza da comunidade xudía e logo sefardí neste territorio de fronteira.

Pages

Subscribe to RSS - Turismo