Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Case 500 persoas foron atendidas en febreiro na Oficina Municipal de Turismo

Undefined

Un total de 491 persoas demandaron información durante o pasado mes de febreiro na Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui no céntrico Paseo da Corredoira.  A gran maioría, 407 foron turistas, e  84 peregrinos e peregrinas.

Dos 407 turistas que se achegaron até este punto de información 345 eran de procedencia nacional e 62 chegaron doutros países.

Tui acolleu esta mañá a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”

Undefined

Tui acolleu esta mañá a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”, na sala Félix Rodríguez do edificio Francisco Sánchez. Esta presentación foi un foro aberto para contrastar opinións, debater a proposta e comezar a traballar conxuntamente para sacar adiante o proxecto. Tui coma cidade membro da Red de Juderías acolleu este evento organizado en colaboración coa propia Red de Juderías e dos outros dous municipios galegos que forma parte desta asociación coma son Monforte de Lemos e Ribadavia.

O Concello de Tui acolle a presentación en Galicia e Norte do Portugal do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”

Undefined

O próximo mércores, 1 de marzo, celebrarase en Tui unha xornada de presentación do proxecto “Kaminos: De Sefarad al nuevo mundo”, que nace coa vocación de crear catro rutas transfronteirizas en torno ao patrimonio xudeu que compartimos España e Portugal.

O Concello de Tui acollerá esta presentación en colaboración coa Red de Juderías de España e especialmente cos municipios galegos de Monforte de Lemos e Ribadavia, que ao igual que Tui forman parte tamén da Red de Juderías.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui atendeu a máis de 500 visitantes no mes de xaneiro

Undefined

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu no pasado mes de xaneiro a un total de 516 visitantes nas súas dependencias no céntrico Paseo da Corredoira. Este número abrangue a un total 70 peregrinos e 446 turistas que se achegaron á nosa cidade ao longo do pasado mes.

A Red de Juderías, da que Tui forma parte, deu a coñecer en FITUR os seus proxectos máis destacados para 2023

Undefined

Tui, xunto aos outros municipios que integran a Red de Juderías de España,  participou a semana pasada no Acto Institucional desta asociación de municipios en FITUR. No mesmo presentáronse algúns dos proxectos máis destacados que a Red de Juderías porá en marcha durante este ano 2023.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, participou neste encontro que estivo presidido por José Tomei, alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Rede de Juderias de España, e contou coa asistencia de representantes institucionais das 21 cidades que conforman a asociación.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui recibe o certificado SICTED de calidade turística

Undefined

A Oficina de Turismo do Concello de Tui vén de recibir, hai escasos días, a comunicación oficial de concesión do distintivo de "Compromiso de calidade turística", un recoñecemento que forma parte do Sistema de Calidad Turística Española e que significa a adhesión deste servizo turístico municipal ao SICTED (Sistema integral de Calidad Turistica Española en Destino).

Máis de 93 mil peregrinos realizaron o Camiño Portugués en 2022

Undefined

Máis de 93 mil persoas realizaron en 2022 o Camiño Portugués. Segundo os datos proporcionados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago  93.184 peregrinos e peregrinas recibiron a “Compostela” logo de realizar o Camiño Portugués. Trátase do maior número rexistrado até o de agora nas estatísticas, e que representa un 21% dos peregrinos que chegaron a Compostela no ano santo 2022 (438.323 peregrinos). Estes datos consolidan á ruta portuguesa que entra en Galicia a través de Tui como a segunda en número de peregrinos e peregrinas.

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño acada 1,5 millóns de euros para o seu Plan de Sostibillidade Turística en Destino

Undefined

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa dando pasos adiante para ofrecer un turismo de calidade, sostible, profesionalizado e inclusivo. Liderado por Eu Rural e coa implicación dos 14 concellos do territorio, o Xeodestino vén de conseguir 1,5 millóns de euros para o seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino, ‘A Despensa de Galicia’, que busca transformar o modelo turístico do territorio en base ao potencial da súa enogastronomía.

A Oficina de Turismo de Tui atendeu 40 mil visitantes en 2022

Undefined

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu, durante 2022, presencialmente a  39.998 visitantes, dos que 26.913 eran turistas e 10.3685 peregrinos. Destacou o mes de agosto como o de maior afluencia de todo o ano con 8.885 visitantes atendidos.

A Oficina Municipal de Turismo está instalada dende o pasado mes de febreiro no céntrico Paseo da Corredoira nunha amplas instalacións que melloran substancialmente as anteriores, localizadas na Praza de San Fernando.

Pages

Subscribe to RSS - Turismo